PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO 2017
RESOLUCIÓN DO 17 DE MARZO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DA PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO.
Requisitos das solicitantes
a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de
xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación.
b) Ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que
comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación
da solicitude.
c) Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
d) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou que estes sean de contía
insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación,
e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou
inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, excluída a parte proporcional
das pagas extraordinarias.
Contía das axudas
1. Se os ingresos da solicitante son iguales ou inferiores ao IPREM vixente, e ata un máximo de 12 mensualidades.
a) Con carácter xeral: 600 euros/mes.
b) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en
acollida, ou unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 650 euros/mes.
c) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en
acollida, e esta/e ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 700 euros/mes.
d) Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 700 euros/mes.
e) Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en
acollida, e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 800 euros/mes.
f) Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en
acollida e esta/e ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou
igual ao 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei
39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención
ás persoas en situación de dependencia: 800 euros/mes.
2. Se os ingresos da solicitante son
superiores ao IPREM vixente e iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM
vixente, e ata un máximo de 12 mensualidades.
a) Con carácter xeral: 300 euros/mes.
b)
Cando a vítima teña ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en
acollida ou unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 350 euros/mes.
c) Cando a vítima teña ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en
acollida e esta/e ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 400 euros/mes.
d) Cando a vítima teña ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 400 euros/mes.
e) Cando a vítima tivese ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en
acollida e algunha ou algún deles ou a solicitante teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 500 euros/mes.
f)
Cando a vítima tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en
acollida e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou
igual ao 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei
39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención
ás persoas en situación de dependencia: 500 euros/mes.
DOG nº 59. VENRES, 24 DE MARZO DE 2017
Comentarios