PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS. 2017


CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. ORDE DE 24 DE MARZO DE 2017 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES POLAS QUE SE REXERÁ A CONCESIÓN DA PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS. 2017

PERSOAS BENEFICIARIAS

 1. Persoas que teñan fillas ou fillos menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2 de xaneiro de 2014 e o 1 de xaneiro de 2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro e 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.
Nos supostos de que exista  unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

2. Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.

3. En ningún caso, poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.

4. As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais, deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 20 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.

REQUISITOS

a) Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que non quede acreditada a dita circunstancia pola presentación do xustificante de empadroamento, poderáselles requerir para que presenten documentación complementaria que o demostre.
b) Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
 Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.

TIPO DE AXUDA E CONTÍA

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de 3 anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

PRAZO 

Será de trinta e cinco días (35) hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
 
 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA