SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE INSERCIÓN LABORAL DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO NA CA DE GALICIA. SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. COFINANCIADA POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. 2017 E 2018.


RESOLUCIÓN DO 7 DE AGOSTO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE INSERCIÓN LABORAL DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO NA CA DE GALICIA, COFINANCIADA POLO FONDO SOCIAL EUROPEO, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA OS ANOS 2017 E 2018.

 ENTIDADES BENEFICIARIAS

Entidades sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e requisitos exixidos nesta resolución e, de xeito particular, deben cumprir os seguintes requisitos:

a) Carecer de ánimo de lucro.
b) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
c) Non  atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estare incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
d) Cumprir os requisitos e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.

PERSOAS DESTINATARIAS FINAIS 

Mulleres vítimas de violencia de xénero, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego.
Para os efectos desta resolución, entenderase por mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia todas aquelas que tivesen cesado a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 de Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:
a) Certificación da orde  de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/o xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
b) Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénreo.
c) Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.
d) Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración Pública autonómica ou local no que se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
e) Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

PRAZO
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 


 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA