VIOLENCIA ZERO 2017



Mulleres en acción: violencia zero 2016-2017 é un proxecto de acción artística que se desenvolve no espacio público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar á población do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas e loitar contra esta lacra presente na sociedade.

Esta edición achégase a Silleda este mes de setembro.

Peza: DENTRO.
Artista: María Lado.
Data: martes 26 de setembro.
Hora: 12:00h

María Lado é poeta cunha ampla obra publicada. Dende os seus inicios en 1997 interesouse pola posta en escena do texto, campo no que nunca deixou de investigar. escritora formada en Filoloxía Galega e en Producción Audiovisual, formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte. "Dentro" quere que entres no interior do poema e para iso emprega todo tipo de trampas: sons, imaxes... É como estar na cabeza de María mentres escribe.

O programa trata de crear un espazo de visibilización e reflexión, promovendo unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes. Esta acción foi organizada en colaboración conxunta da Deputación de Pontevedra co concello e co apoio de asociacións de loita pola a igualdade de xénero.





Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA