SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. AXUDAS PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO . 2020


1. AXUDAS DIRIXIDAS A MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO QUE RESIDAN NA CA DE GALICIA E ACREDITEN INSUFICIENCIA DE RECURSOS E UNHAS ESPECIAIS DIFICULTADES PARA OBTER UN EMPREGO -AXUDA ESTABLECIDA NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

1.1. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente ao do SEIS MESES do subsidio por desemprego vixente.

1.2. O importe desta axuda será equivalente a DOCE MESES de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a.
b) Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

1.3 .O importe desta axuda será equivalente a DEZAOITO MESES de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima tivese a cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.
b) Cando a vítima teña ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a persoa dependente.

1.4 .O importe desta axuda será equivalente a VINTE E CATRO MESES de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima teña ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes.
b) Cando a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva teña recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
c) Cando a vítima de violencia de xénero e o familiar ou menor acollido/a con quen conviva teña recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superiro ao 33%. 

2. AXUDAS DE INDEMNIZACIÓN ESTABLECIDAS NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

A contía da indemnización que se aboará será a fixada pola resolución xudicial correspondente que quede pendente de pagamento tras a declaración de insolvencia do obrigado a esta, excluídos xuros de demora.

A contía máxima da indemnización establécese en 6.000 euros, excluídos xuros de demora, por cada persoa beneficiaria.
DOGA NÚM. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 20120






Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA