AXUDAS DESTINADAS A FINANCIAR ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA AS ANPAS DE CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA 2020


SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. RESOLUCIÓN DO 19 DE DECEMBRO DE 2019 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DESTINADAS A FINANCIAR ACTIVIDADES DE PROMCIÓN DA IGUALDADE E DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, FINANCIADA EN DESENVOLVEMENTO DO PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, PARA AS ANPAS DO ALUMNADO DE CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. SOLICITUDE INDIVIDUAL 

ANPAS de alumnado do centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituidas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. 

2. SOLICITUDE CONXUNTA

As federacións e confederacións de asociacións de nais e pais e a solicitude de dúas ou máis anpas que se agrupen para solicitar e xestionar conxuntamente as actuacións obxecto desta convocatoria que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituidas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. 

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES E CONTÍA DA AXUDA 

a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.
 
 b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais que lles axuden a detectar a violencia de xénero de que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou fillos adolescentes.

 c)  Realización de acción de formación, sensibilización e difusión, contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.

d)  Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico de internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc).

e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e os comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.

f) Outras accións de formación e información para nais e pais que sensibilicen ás familias sobre os estereotipos persistentes na sociedade e tamén no eido educativo e sobre pautas para previr a violencia de xénero, ou para detectala e que se dean a coñecer entre as familias os protocolos existentes nos casos de agresións ou violencia contra as mozas.

A CONTÍA máxima da axuda que se pode conceder ao abeiro desta liña é de 4.000 euros, para as solicitudes de asociacións de nais e pais que se presenten de xeito individual e de 7.000 euros para as solicitudes conxuntas, que se presenten agrupadas, por dúas ou máis asociacións de nais e pais ou ben para as federacións ou confederacións de anpas.
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020

 
 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA