Entradas

NON É NON.

Imagen
No marco do novo Programa de sensibilización, información e difusión sobre Igualdade e Prevención de violencia contra as mulleres da Xunta de Galicia, financiado co fondo finalista procedente das medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o concello de Silleda pon en marcha novamente este ano a campaña "NON É NON", coa finalidade de sensibilizar á cidadanía contra as agresións sexuais e o acoso ás mulleres durante as festas locais, para que mulleres e homes difruten das celebracións  en condicións de igualdade. O obxectivo prioritario é comunicar e difundir unha mensaxe clave de PREVENCIÓN DO ACOSO E AS AGRESIÓNS SEXUAIS, instando a comportamentos de respecto e de recoñecemento de que o NON, tamén en festas, debe ser respectado.  Levarase a cabo un soporte comunicativo para facer chegar a mensaxe ao conxunto da cidadanía, protexer ás vítimas potenciais e informar as persoas participantes nas festas, do Protocolo a seguir no suposto de dete...

SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. PROGRAMA DE AXUDAS PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

Imagen
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA. RESOLUCIÓN DO 12 DE MARZO DE 2019, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE REGULA E SE CONVOCA PARA O ANO 2019 O PROGRAMA DE AXUDAS  PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS. OBXECTO E FINALIDADE O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de estadías de tempo libre para mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de xénero, con responsabilidades familiares non compartidas. A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respec...

MARCHA FEMINISTA #8M

Imagen

CICLO DE CORTOS DIRIXIDOS POR MULLERES #8M

Imagen
    CICLO DE CORTOS DIRIXIDOS POR MULLERES 8M AUDITORIO CADA DA CULTURA DO CONCELLO DE SILLEDA 18:30 HORAS

SECCIÓN TEMÁTICA DE IGUALDADE DE XÉNERO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE SILLEDA. PRESENTACIÓN.

Imagen
          Presentación da  nova Sección Temática de Igualdade de Xénero na Biblioteca Municipal                    Data  e hora   8 de marzo 17:00 horas           Lugar             Biblioteca Municipal do concello de Silleda A  sección temática  de Igualdade de Xénero na Biblioteca Municipal,  impulsada polo Departamento de Igualdade do concello de Silleda, nace coa finalidade primordial de dar a coñecer as obras do feminismo, rescatar o legado literario das mulleres, celebrar a diversidade e divulgar unha cultura non sexista. Tod@s xunt@s, as mulleres e homes non patriarcais, seremos capaces de continuar esta aventura sen fin, de liberdade femenina e feminista.

SIGAMOS FACENDO HISTORIA 8M

Imagen

IV PLAN DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO CONCELLO DE SILLEDA 2017-2020

Imagen
    PRESENTACIÓN DO IV PLAN DE PROMOCIÓN  DA IGUALDADE  DO CONCELLO DE SILLEDA 2017-20120  DATA: 8 DE MARZO HORA: 17:00 HORAS LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE SILLEDA. "Grazas aos esforzos de toda a cidadanía, pero nomeadamente das mulleres e das administracións públicas, o avance logrado nas últimas décadas cara á igualdade formal entre mulleres e homes, é cada vez máis visible. Pero con todo, aínda persisten desigualdades de xénero en todos os ámbitos (emprego, educación, corresponsabilidade, violencia, etc.) moitas veces ocultas baixo prácticas aparentemente neutras. Este novo IV Plan 2017-2020 coas oitenta e seis medidas nel recollidas, vainos permitir seguir avanzando con máis celeridade cara a unha maior concienciación e seguir loitando a favor da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.  Tamén busca un maior compromiso interno municipal ó integrar a perspectiva de xénero en tódalas áreas de actuación  en b...