"PREMIOS IRENE: A PAZ COMEZA NA CASA" 2011

Convócanse os "Premios Irene: A paz comeza na casa" para o ano 2011 dirixidos a colaborar, dende o sistema educativo, coa erradicación da violencia e a promoción da igualdade real entre mulleres e homes. Premiaranse experiencias educativas, materiais curriculares e de apoio, así como investigacións educativas que contribuan a previr e erradicar as conductas violentas e a promover a igualdade e a cultura de paz, co obxetivo de desenvolver estratexias de convivencia igualitarias entre mulleres e homes. Os traballos deberán terse realizado durante os dous anos anteriores a esta convocatoria e ter repercusión na teoría e/ou práctica educativa. PARTICIPANTES 1. Profesorado e profesionais da educación que exerzan a súa actividade en centros de ensinanza españois, públicos ou privados, que estiveran en activo durante a realización do traballo que se presenta a concurso. Tamén poderán participar profesionais da educación externos ao centro de ensinanza. 2. Alumnado escolarizado en ...