"LIBRES" APP GRATUITA AXUDA VIOLENCIA DE XÉNERO
O Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade e Telefónica España, presentaron "LIBRES", unha aplicación gratuita para smartphones para facer fronte ao maltrato e axudar ás persoas que o sofren directa ou indirectamente. "Libres" ten como obxectivos prioritarios os seguintes: - Detectar os primeiros signos de violencia de xénero. - Informar sobre os recursos que existen para as mulleres que sofren violencia. - Informar sobre as medidas que poden adoptar para a súa autoprotección. - Fortalecer ás mulleres para que poidan romper o silencio e saír do círculo da violencia de xénero. A aplicación está dirixida principalmente a mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero. Tamén está destinada a calquera persoa que detecte na súa contorna unha posible situación de violencia de xénero. A iniciativa conta co potencial das novas tecnoloxías, especialmente nun dos grupos de poboación obxectivo: as/os adolescentes e novas/os. Todo is...