AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES 2016
RESOLUCIÓN DO 14 DE XULLO DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES. 2016. a) LIÑA 1: Consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións. b) LIÑA 2: Promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienzación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación dsa mulleres en todos os ámbitos. Cada asociación ou federación só poderá presentar solicitude de axuda para unha das liñas previstas no número 1 anterior. Beneficiarias Asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro, que cumpran os requisitos, ...