A xornalista británica Marie Colvin faleceu nun bombardeo na cidade siria de Homs. Marie Colvin pertencía a un tipo de xornalistas en vías de extinción: os enviados especiais; persoas que viaxan ás zonas de guerra, aos lugares máis perigosos, que arriscan a saúde, a vida, o equilibrio mental e o diñeiro das súas empresas, por contar o que sucede. Colvin morreu en Homs, un deses buracos infames nos que matan civís mentres o mundo civilizado discute o lugar exacto das comas e dos adxectivos nun comunicado de condena. Colvin era a estrela do semanario The Sunday Times. Perdeu un ollo fai 11 anos en Sri Lanka; foi dos primeiros reporteiros occidentais en entrar na zona controlada pola guerrilla Tamil. Rupert Murdoch, dono do semanario, enviou o seu avión persoal para repatriar a Londres á súa xornalista ferida. Estivo casada con Juan Carlos Gumucio, corresponsal do PAÍS en Beirut durante a guerra civil, e despois en Xerusalén, onde aprendeu a vivir sen a adrenalina do perigo constante. Alí...