AXUDAS A PEMES EN MATERIA DE TRABALLO EN IGUALDADE DAS MULLERES DE GALICIA

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas (pemes). As actuacións subvencionables desagréganse nas seguintes liñas de actuación: Liña I: Axudas para a implantación de plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos na Lei 2/2007, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa. Por tanto, non será de aplicación ás empresas coa obriga legal de implantar plans de igualdade, segundo o establecido no artigo 45.2 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo. Liña II: Axudas para investimentos tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos...