Entradas

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS QUE SE ACOLLAN Á REDUCIÓN DA SÚA XORNADA DE TRABALLO. SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE.

Imagen
RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS QUE SE ACOLLAN Á REDUCIÓN DA SÚA XORNADA DE TRABALLO, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA 2014-2020. 2017. OBXECTO Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria dsa axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas. PERSOAS BENEFICIARIAS Persoas físicas que se acollan á medida de redución de xornada entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, ambos os dous inclusive, homes e fam...

AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES. SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. 2017

Imagen
RESOLUCIÓN DO 31 DE MARZO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES. 2017.   BENEFICIARIAS Asociacións de mulleres e federacións constituidas por estas, sen ánimo de lucro, que cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstas nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións, en particular as seguintes: a) Ter domicilio social en Galicia. b) Estar legalmente constituidas. c) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). Este requisito verificarase de oficio pola unidade de igualdade instrutora do procedemento. d) Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuir a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social. Estes fins e obxect...

SORRISOS TRANSFORMADORES

Imagen

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS. 2017

Imagen
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. ORDE DE 24 DE MARZO DE 2017 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES POLAS QUE SE REXERÁ A CONCESIÓN DA PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS. 2017 PERSOAS BENEFICIARIAS   1. Persoas que teñan fillas ou fillos menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2 de xaneiro de 2014 e o 1 de xaneiro de 2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso. No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro e 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento. Nos supostos de que exista  unha resolución xudicial que atribúa a custodia excl...

AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO, 2017

Imagen
  RESOLUCIÓN DO 17 DE MARZO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE REGULAN AS BASES PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA  A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO 2017.   Tipos de axudas 1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego. 2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionadas como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas. Contía das axudas Axudas e...

PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO 2017

Imagen
RESOLUCIÓN DO 17 DE MARZO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DA PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO. Requisitos das solicitantes a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso  de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación. b) Ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. c) Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia. d) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou que estes sean  de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que m...

CREADORAS 2017: TERESA RODRIGUEZ

Imagen