SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL. 2016. XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 29 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN A AS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL, CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016 FINALIDADE Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da Garantía Xuvenil e que pretendar desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. PERSOAS BENEFICIARIAS As persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que procedan á creación do seu propio p...