Entradas

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO. XUNTA DE GALICIA

Imagen
    RESOLUCIÓN DO 5 DE XUÑO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLAS QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO, COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE.  OBXECTO Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas, sempre que se cumpran os requisitos e condición establecidos nesta resolución. PERSOAS BENEFICIARIAS  As persoas físicas que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos  os dous inclu...

AXUDAS DESTINADAS A FINANCIAR ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA AS ANPAS DE CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA 2020

Imagen
SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. RESOLUCIÓN DO 19 DE DECEMBRO DE 2019 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DESTINADAS A FINANCIAR ACTIVIDADES DE PROMCIÓN DA IGUALDADE E DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, FINANCIADA EN DESENVOLVEMENTO DO PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, PARA AS ANPAS DO ALUMNADO DE CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA. ENTIDADES BENEFICIARIAS 1. SOLICITUDE INDIVIDUAL  ANPAS de alumnado do centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituidas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.   2. SOLICITUDE CONXUNTA As federacións e confederacións de asociacións de nais e pais e a solicitude de dúas ou máis anpas que se agrupen para solicitar e xestionar conxuntamente as actuacións obxecto desta convocatoria que, con anterioridade ao remate do ...

SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. AXUDAS PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO . 2020

Imagen
1 . AXUDAS DIRIXIDAS A MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO QUE RESIDAN NA CA DE GALICIA E ACREDITEN INSUFICIENCIA DE RECURSOS E UNHAS ESPECIAIS DIFICULTADES PARA OBTER UN EMPREGO -AXUDA ESTABLECIDA NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 1.1. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente ao do SEIS MESES do subsidio por desemprego vixente. 1.2. O importe desta axuda será equivalente a DOCE MESES de subsidio por desemprego nos seguintes casos: a) Cando a vítima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a. b) Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%. 1.3 . O importe desta axuda será equivalente a  DEZAOITO MESES  de subsidio por desemprego nos seguintes casos: a)  Cando a vítima tivese a cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a. b) ...

PUNTO MORADO. FESTA DA EMPANADA 2019

Imagen

NON É NON.

Imagen
No marco do novo Programa de sensibilización, información e difusión sobre Igualdade e Prevención de violencia contra as mulleres da Xunta de Galicia, financiado co fondo finalista procedente das medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o concello de Silleda pon en marcha novamente este ano a campaña "NON É NON", coa finalidade de sensibilizar á cidadanía contra as agresións sexuais e o acoso ás mulleres durante as festas locais, para que mulleres e homes difruten das celebracións  en condicións de igualdade. O obxectivo prioritario é comunicar e difundir unha mensaxe clave de PREVENCIÓN DO ACOSO E AS AGRESIÓNS SEXUAIS, instando a comportamentos de respecto e de recoñecemento de que o NON, tamén en festas, debe ser respectado.  Levarase a cabo un soporte comunicativo para facer chegar a mensaxe ao conxunto da cidadanía, protexer ás vítimas potenciais e informar as persoas participantes nas festas, do Protocolo a seguir no suposto de dete...

SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. PROGRAMA DE AXUDAS PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

Imagen
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA. RESOLUCIÓN DO 12 DE MARZO DE 2019, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE REGULA E SE CONVOCA PARA O ANO 2019 O PROGRAMA DE AXUDAS  PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS. OBXECTO E FINALIDADE O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de estadías de tempo libre para mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de xénero, con responsabilidades familiares non compartidas. A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respec...

MARCHA FEMINISTA #8M

Imagen